martes, septiembre 25, 2007

Visitas guiadas en Tui

Esta fin de semana vanse realizar catro visitas guiadas a distintos puntos do Conxunto Histórico-Artístico de Tui organizadas pola Concellería de Cultura para conmemorar o corenta aniversario da declaración da cidade coma Conxunto Histórico Artístico. Ao tempo con esta iniciativa o Concello é o primeiro municipio galego en sumarse as “Xornadas Europeas de Patrimonio” que nos meses de setembro e outubro congregan actividades en torno ao patrimonio cultural en 49 países de Europa.
As vistas programadas son totalmente gratuítas e non é preciso inscribirse previamente, só é preciso estar no punto de saída na hora de partida. Cada visita durará entorno a 60 minutos.

O programa previsto é o seguinte:

Sábado 29 de setembro:
12,00 h.: Visita á muralla de época moderna guiada polo arquitecto Jaime Garrido Rodríguez (inicio na Glorieta de Vigo)
18,00 h.: Visita guiada ao Claustro e paseo de ronda da Catedral, guiada por José Ramón Fernández Fernández (inicio na Porta de acceso ao Claustro – Praza de San Fernando)

Domingo 30 de setembro:
12,00 h.: Visita ao sistema amurallado de época medieval guiada por Ernesto Iglesias Almeida, cronista oficial da cidade de Tui (inicio monumento ao Bispo Lago, na rúa Ordoñez)
17,30 h.: Visita guiada á Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns, guiada por Avelino Bouzón Gallego, director do Arquivo da Catedral e párroco de Rebordáns.

No hay comentarios: