O pasado sábado día 30 de xuño, preto de 80 rapaces pertencentes as Escolas Deportivas Municipais dependentes da Concellería de Deportes do Concello de Salceda de Caselas pasaron un divertido día na Área Recreativa do Agoeiros, na parroquia de Santa María. Tratábase de celebrar o final de tempada das diferentes modalidades deportivas practicadas durante o curso escolar (bádminton, xadrez, baloncesto, fútbol, fútbol sala, balonmán, tenis, patinaxe etc.). Na organización das actividades, ademais dos técnicos das escolas e da OMIX, colaboraron distintos monitores das actividades, así como monitoras de tempo libre colaboradoras da concellería de xuventude noutras actividades. Pola mañá realizaron diversas actividades relacionadas con xogos deportivos, na que utilizaron diversos materiais, desde os máis tradicionais como son as carreiras de sacos, a corda e os cestos, ata o lanzamento de discos, ou xogos co denominado balón de cegos (provisto de campas pequenas, coas que orientarse a cegas). O medio día e antes do xantar, os rapaces recibiron a visita do Alcalde de Salceda Marcos Besada e a Concelleira de Cultura, Xuventude e Deportes Teresa Pérez, que se interesaron pola situación tanto dos rapaces coma dos distintos monitores. O xantar consistiu en pizza, empanada, e refrescos para recuperar forzas e continuar pola tarde. A tarde foi máis tranquila pois os rapaces se dividiron en 8 equipos e realizaron unha gran "xincana" de probas consistentes en adiviñar cancións, bailar con globos, realizar probas de habilidade, debuxar a cegas ou acertar preguntas de cultura xeral. En definitiva un día de ledicia para os máis pequenos como preludio das actividade de verán que comezaron este luns (Veranlandia, Natación, Verán Deportivo, Obradoiros de Internet ou os campamentos de verán da Xunta e a Deputación).
jueves, julio 05, 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario