martes, febrero 20, 2007

IX Concurso de Carrozas e Comparsas de Salceda

Miles de persoas se achegarón o pasado Domingo a Salceda de Caselas para ve-lo desfile de carrozas e comparsas de entroido que organizaba o concello. Este ano había premios para as comparsas e as carrozas por separado. Estas son as fotos dos 3 primeiros clasificados en ámbalas dúas categorías.En vindeiros días iremos pondo máis fotos na nosa sección de fotografías.
1º premio carrozas "China Town" da Picoña

2º premio de carrozas "Festa Rocieira" de Soutelo

3º Premio carrozas "os Pitufos" do grupo Festa Joljorio

1º premio comparsas "Revolución Show" de Tomiño

2º Premio de comparsas "A Polinesia" do Centro Cultural San Xurxo

3º Premio de comparsas "Festa Rociera" de Soutelo

lunes, febrero 19, 2007

Entroido da Feira en directo

Parece que o uso das novas tecnoloxías está chegando tamén as cousas máis tradicionais coma o entroido. Este ano por primeira vez poderedes seguir por webcam a festa do entroido que organiza o barrio da Feira. Esta é a súa dirección: http://entroidoafeira.axiscam.net:50000.
Como xa dixen fai uns días, ao final os nosos gobernantes sempre andan a remolque do pobo. Que un grupo de veciños leve a cabo esta iniciativa, e que haxa concellos coma o de Mos ou O Porriño que non teñen nin páxina web, di moito da nosa xente e pouco dos nosos políticos.

jueves, febrero 15, 2007

Entroido 2007

Xa chegou o entroido. Cando aínda non nos recuperamos dos excesos do nadal, xa temos que prepararnos para cacheiras, ourellas de carnaval, filloas, etc. Tamén coma cada ano dende hai xa 12 anos a Comparsa Colores, está preparada para lucir os seus vistosos traxes polas rúas de moitos pobos de Galicia. A estrea oficial fixérona o pasado martes día 6 no IFEVI de Vigo, con motivo do Concurso Internacional de Saltos de Vigo (fotos inferiores). Se che apetece vel@s, estas son as datas e os pobos onde desfilarán este entroido:
Viernes 16 Tomiño 20:00 H
Sabado 17 Pontevedra 18:00 H
Domingo 18 Ourense 18:00 H
Lunes 19 Porriño 19:30 H
Martes 20 Santiago de Compostela 18:00 H
Viernes 23 Ponteareas 19:30 H
Domingo 25 Bueu 18:00 H
Podes ver máis fotos e amplia-la información da comparsa na súa web oficial.

Tamén podes obter máis información sobre outros entroidos da comarca nas seguintes direccións:
Entroido de O Porriño
Entroido de Salceda
Entroido de Tui






domingo, febrero 11, 2007

IV Marcha BTT Faro de Budiño

Xa está preparada a IV edición da marcha de bicicleta de montaña Faro de Budiño. Unha nova ocasión para queimar esas graxas acumuladas e poder coñecer un pouco máis os montes do Faro de Budiño e arredores. Podes obter información máis detallada da proba na páxina web da .Asociación Cultural A Forna

miércoles, febrero 07, 2007

Festas San Brais 2007 (Fotos)

O pasado luns remataron as Festas de San Brais de Budiño. O día grande foi o día 3 cando centos de persoas, se achegaron ao barrio do Casal, onde está a Capela do santo, para asistir a misa e a posterior procesión, así como a bendición do pan e das rosquillas. Pola tarde tamén se celebrou o tradicional desfile de ramos, ata o recinto de festas da Forna. Non faltaron tampouco: as rosquillas, o pulpo, o viño, as bandas de música, as orquestras, os fogos artificiais, a familia, os amigos, as lembranzas, a nostalxia, os budiñeses exiliados, os forasteiros adoptados e os compoñentes do dúo "Choiva e Frío", por sorte este ano so actuou o frío. Estas son algunhas fotos.

jueves, febrero 01, 2007

Festas de San Brais 2007

Mañán venres comenzan en Budiño, as festas de San Brais 2007.Son unha das primeiras festas do ano na nosa bisbarra. Nestas festas de San Brais de Budiño mantense unha tradición que antes era moi común en tódalas festas que é o desfile de ramos, espadanas e andores. Pouco a pouco esta tradición foise perdendo noutras festas o que fai que moita xente dos pobos dos arredores veñan a ver este desfile que aos máis vellos lles fai lembrar outros tempos. Se queres coñece-la programación completa deste ano, fai click eiquí.

jueves, enero 25, 2007

Web da Comparsa Colores

Como decía no anterior artigo deste blog, na maioría das veces os nosos políticos van a remolque do pobo. Como mostra, outro botón, neste caso é unha nova páxina web feita na nosa bisbarra, trátase da web oficial da Comparsa Colores. A comparsa naceu alá polo ano 94, e nestes 12 anos fíxose moi coñecida nos entroidos da nosa bisbarra e arredores. Algúns dirán que non sigue a tradición do entroido galego, pero sexa como sexa, non pasa inadvertida para os que algunha vez os vimos desfilar polas nosas rúas.
Aproveito o artigo para lembrar que tamén hai unha páxina sobre o Carnaval do Castro Barreiro, un dos dous barrios que organizan un dos mellores entroidos da bisbarra, o Entroido de Salceda.

lunes, enero 15, 2007

A internet na nosa bisbarra

Sempre é interesante atoparse cunha nova páxina feita na nosa bisbarra neste caso trátase de un blog sobre Caldelas de Miño. Nel faise un pequeno repaso a historia de Caldelas e algunas noticias que van xurdindo no pobo, especialmente actos culturais.
Nisto da internet pasa coma na vida real, o pobo sempre vai máis adiantado cos políticos. Se buscamos pola rede, atopamos unha cantas páxinas feitas nos nosos concellos por persoas que adican parte do seu tempo a colgar na rede cousas interesantes que se fan na nosa bisbarra, e en cambio, a situación das páxinas oficiáis dos nosos concellos é lamentable. O de Mos carece de web oficial, o de O Porriño é coma si non a tivera, a de Salceda, moi ambiciosa pero escasa de contidos e a de Tui recentemente remodelada pero pouco útil para os veciños.
¿Custaría moito facer unha páxina nas que aparecesen os bandos actualizados, unha axenda de actividades culturais, deportivas, etc. organizadas polo concello, un listado cos documentos a presentar, para realizar determinados trámites, permisos, licenzas, etc. para poder levalos cubertos da casa con todos o papeis necesarios e asi evitar perdas de tempo inútiles?, e xa non digo poder xestionar trámites por internet, que a estas alturas do século XXI aínda me parece utópico para os nosos concellos. Quitando esta última parte, ter a páxina actualizada non suporía para os concellos, máis de 3 horas de dedicación diaria dunha persoa cuns coñecementos informáticos normáis.
Postos a soñar que bonito sería ter todo o concello conectado por WiFi e darlle así nos fuciños as empresas de telefonía que tan mal nos tratan os usuarios, se Salvaterra e Ponteareas o fixeron ¿por qué non poden facelo os outros concellos?
Coma sempre, teremos que ser os usuarios os que nos organicemos e movamos os fios e logo eles apuntaranse ó carro. ¿Será que ós nosos políticos non lles interesa ter uns veciños informados?

martes, enero 09, 2007

Queimar graxas

Despois das abundantes comidas destas datas, chegan coma cada ano un par de actividades para queimar ese exceso de graxas acumuladas. Por un lado estan a tradicionáis rebaixas de inverno que a máis de un nos fan suar en frío e por outra banda XIV Camiño do Requesón, que está a piques de ser xa casi tan tradicional coma as propias rebaixas. Este ano contará coa participación do primeiro equipo profesional galego de ciclismo, o Karpin Galicia e o virtual gañador do Tour de Francia, oscar Pereiro, ademáis prometen que cada participante prantará unha árbore para loitar contra deforestación de Galicia. A proba terá lugar este domingo dia 14 de xaneiro nos montes das Neves.

jueves, enero 04, 2007

Noite de reis

Esta é unha noite máxica para miles de nenos galegos. Prácticamente iso é o pouco que perdura dun dos días máis ledos do nadal galego e que pouco a pouco está pasando desapercibido. Xa ninguén vai polas casas a cantar o reis, é máis, hoxe en día hai xente que xa non o celebra. Sen dúbida o globalizador Papá Noel está acabando con todo isto. Nin que decir ten que xa ninguén celebra o día de San Amaro como remate das festas do nadal. Menos mal que se están a recuperar algunhas rondallas como as de Atios e Pontellas. Eu este ano voulle pedir aos reis que nos axuden a valorar o noso, que estemos orgullosos da nosa xente e das nosas costumes que son as que nos manteñen unidos os nosos antergos.