O Concello de Salceda de Caselas, ao traverso da Concellaría de Ensino que dirixe Tere Pérez realizou importantes obras de mellora nos centros escolares do municipio. Así, no CRA Raíña Aragonta foron varias as obras realizadas como reparación de paredes e pintado nas aulas de San Xurxo, Soutelo e Budiño, que estaban en moi mal estado, o que supuxo unha importante reforma nas mesmas. No caso de Budiño colocáronse tamén paneis de corcho ao longo de toda a aula, facilitando o traballo de colgado dos diferentes traballos realizados polo alumnado. Así mesmo, nesta aula procedeuse á reparación da rampa e as escaleiras de acceso, espazos empregados ademáis de cómo zona de paso tamén como zona de ocio e recreo polos nenos e nenas. Ademáis rematouse e acondicionouse o patio exterior do colexio de Revolta, obra que quedara pendente da lexislatura anterior.
Por outra banda, nesta semana estase a colocar caucho nos patios cubertos de Soutelo e Budiño, obra que se realiza aproveitando as xornadas de folga do profesorado, polo que non supón molestia no día a día dos colexios.
No caso da escola de Fontán, e en resposta ás declaracións do PP en que se acusa ao goberno de non ter realizado as obras no verán, a Concelleira de Ensino fai a seguinte aclaración: o que inicialmente iba ser unha obra de pintado, polo mal estado das paredes supuxo unha obra maior na que prácticamente habería que reconstruílas. Colocáronse paneis de corcho na parte inferior das paredes, que era a parte que presentaba un peor estado, e decidiuse deixar a reparación do resto das paredes para as vacacións de Nadal, estando a aula preparada para recibir aos alumnos o primeiro día de curso escolar. Foi a propia mestra e o equipo directivo os que solicitaron que a obra se levase a cabo durante o curso escolar, polo que eles mesmos reubicaron aos alumnos na aula anexa. As obras estanse a levar a cabo en total coordinación co profesorado, sen causar ningún tipo de molestia nen entorpecer o normal desenrolo das clases, e quedarán rematadas esta mesma semana.
Tere Pérez, Concelleira de Ensino, destacou a posta a punto dos colexios como prioridade absoluta na súa área, traballando en todo momento en constante diálogo e cooperación tanto cos mestres como coa propia dirección dos centros, evitando calquera molestia que as obras pudiesen causar no curso escolar.
miércoles, septiembre 21, 2011
martes, septiembre 20, 2011
miércoles, septiembre 14, 2011
Salceda saneará a zona industrial do Cerquido e Budiño
Os veciños e veciñas de San Estevo de Budiño están de noraboa xa que proximamente comezarase ás obras de instalación do saneamento nesta parroquia, despois de que o Pleno do Concello celebrado o 26 de agosto aprobara por unanimidade e puxera a disposición da Consellería de Medio Ambiente, os terreos necesarios para executar o Proxecto de Saneamento de San Estevo de Budiño (O.H. 336.912). O pequeno tramo, que descorre por O Porriño, foi aprobada tamén no último Pleno deste concello, Este proxecto supón o maior investimento en saneamento de Salceda e vai dar servizo á Zona Industrial do Cerquido, a unhas 130 vivendas dos barrios de Rubindo, O Coto, A Lomba, A Urgueira, Bouzapanda e O Cerquido e mellorar e eliminar os verquidos ó espazo protexido da Rede Natura-2000 “As Gandaras de Budiño” no Cerquido. O custo estimado destas obras ascenden a 1.276.723 €, constando de 5.852 metros de colectores e están financiadas por Augas de Galicia.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda, resaltou que “esta é unha obra importantisima para Salceda, xa que desta maneira quedará saneada a única zona industrial do Concello e que, dende hai anos, tiña varias advertencias da Confederación Hidrográfica para cancelar os vertidos que se producian ó Rio Tinto e ó Río Louro. Congratulámonos de que a Xunta lle dera para adiante a este proxecto e cumpla así unha parte dos preacordos asumidos con Salceda para por en marcha a Depuradora de Guillarei. Esperamos que nos próximos meses aproben tamén os proxectos de saneamento de Entenza e Soutelo”.
viernes, septiembre 09, 2011
Estamos nas redes sociais
Dende fai unhas semanas, abrimos un perfil no Facebook e outro no Google+. Con eles pretendemos aportar un pouco de frescura e rapidez, a hora de facervos chegar as novas que se vaian producindo no Val do Louro. Publicaremos no noso muro todo aquilo que atopemos pola rede, relacionados co Val do Louro claro, e que nos pareza interesante. Así que se queredes informarvos máis rápidamente de todo o que acontece por estas terras non tedes máis que agregarnos como amigos no Facebook ou no Google+. Isto non quere decir que deixemos de lado o blog, senón que deixaremos éste para novas de elaboración propia, ou que nos fagades chegar e que non estén publicadas na rede. Agaradamos que estes cambios axuden a dinamizar un pouco o blog, que por unha cousa ou por outra, estaba un pouco parado.
martes, agosto 30, 2011
Salceda prepara 15.000 racións de callos para o vindeiro domingo
O Concello de Salceda de Caselas ven de presentar a XIX edición da Festa dos Callos, que se celebrará o vindeiro 4 de setembro. Na presentación, ademáis de Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, e Marcos Besada, alcalde de Salceda, como ven sendo habitual estiveron tamén presentes representantes do Concello do Porriño, neste caso Marcelino Coto, Tenente de alcalde e Mª Jose Martínez, Concelleira de Medioambiente e Sanidade, ademáis de Alejandro Alonso e Julio Barros en representación da empresa Frigolouro.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda, destacou que con esta festa péchase o ciclo festivo do verán. Agradeceu a presenza dos compañeiros do Porriño, cos que bromeou co tema do viño, xa que Porriño segue apostando polo branco, mentres que Salceda se pasou ao tinto. Destacou o “irmandamento” entre os dous concellos, non só no refrente aos callos, senon que se trata de dous concellos que van da man en moitos proxectos e no día a día. O alcalde lembrou que se espera a presencia dunhas 20.000 persoas e agradeceu a implicación do persoal do Concello asi como dos máis de 50 voluntarios que traballarán na festa.
Alejandro Alonso, xefe de cociña do equipo de Frigolouro dixo que este ano se van preparar uns 5.900 kg. de producto, o que se traduce nunhas 15.000 racións. Así mesmo, reiterou que ninguén que desexe probar os callos se vai ir sen facelo, porque están preparados para satisfacer toda a demanda que se presente. Para preparalos utilizará 1500 kilos de ventre vacún, 750 kg de pata, 375 kg de lacón curado, 325 kg de chourizo e 1600 kg de garbanzos.
Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, dixo que está a ultimar os derradeiros detalles para a Festa. Os actos comezarán na noite do sábado 3 co monólogo de Quico Cadaval ás 21:30 no Auditorio, para o cal xa se poden adquirir as entradas no Concello, e rematarase a noite coa celebración do V Serán dos Callos, polo que dende a Concellaría se quere convidar a todos aqueles grupos de gaiteiros, pandeireteiras e demáis que se acheguen a Salceda a participar deste serán.
O domingo 4 será o día grande, con reparto de callos dende primeiras horas da mañá, amenizando a festa a charanga Sghae de Salceda, que ese día fará a súa presentación ao público. Ás 12:00 será a lectura do Pregón, que este ano correrá a cargo do actor Quico Cadaval. Ás 20:00 horas será o turno de Marful, que ofrecerá un concerto na Praza do Concello como peche a estas festas.
Tamén os comerciantes de Salceda teñen previsto celebrar Exposalceda, mercadiño de oportunidades, que se ubicará no Pavillón dos Deportes e que se celebrará o sábado e o domingo, ao igual que a Asociación de Xubilados e Pensionistas que volverán celebrar a exposición de antigüedades na Devesa.
sábado, agosto 27, 2011
Axuda a manter a pluralidade política
A reforma promovida polo PP e o PSOE da Lei Electoral, obriga que para as vindeiras eleccións xeráis do 20 de novembro, os partidos que non obtiveron representación parlamentaria nas pasadas eleccións, teñan que presentar un aval de firmas igual a un 0,1 % do censo electoral de cada unha das provincias nas que teñan intención de presentarse. Con esta traba o que se consigue e disminuir, de xeito drástico, o número de partidos que se presenten as eleccións, e os que consigan finalmente presentarse, investiran unha boa parte dos seus escasos recursos (tempo e diñeiro) e presentar os avais necesarios, recursos que serían mellor empregados en preparar a campaña e facer chegar a súas propostas a sociedade. Por iso o partido Pirates de Catalunya creo unha web onde todas as persoas que queiran avalar a un partido político da súa provincia poidan facelo de xeito sinxelo, deixando os seus datos para avalar ao partido que cada un elixa e logo ese mesmo partido é o que se porá en contacto con cada avalista para ir a firmar. Eu penso que canta máis variedade haxa onde elexir, máis fácil será atopar un partido que concorde coas nosas ideas, por iso dende este blog anímovos a tod@s a avalar a calquer partido, para que a "biodiversidade" política non se vexa mermada drásticamente nas vindeiras eleccións. Se non tedes claro a que avalar, como habitante do Valdolouro e galego, animovos a que avaledes a Converxencia XXI un partido fundado en Tui que se define como nacionalista galego de centro. Se este partido non vós convence podedes avalar a outro na provincia de Pontevedra, hai moitos onde elexir. E para terminar, só decir que, aínda que avales a un partido non quere decir que teñas que votar por él.
viernes, agosto 12, 2011
XL Descenso do Miño 2011
Este sábado terá lugar a 40ª edición do Descenso Internacional do Río Miño. Despois duns cantos anos de clara caída, en canto a afluencia de público, este ano parace que a organización tenta cambiar a tendencia e ten programado distintos actos para que a proba volte a ter o esplendor que nunca debeu perder. Haberá un descenso popular, concertos e un ata clásico que nunca falla en calquer acontecemento galego que queira ter éxito, unha festa gastronómica. Agardemos que a proba volte a ter o esplendor que nunca debeu perder.
jueves, julio 21, 2011
jueves, julio 14, 2011
viernes, julio 01, 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




