Mostrando las entradas con la etiqueta novas. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta novas. Mostrar todas las entradas

lunes, abril 11, 2011

Incendio no centro de Salceda

Arredor das 5 da tarde de hoxe prodúxose un incendio nunha casa abandonada no centro de Salceda de Caselas. Unha casa situada no cruce da rúa Vigo coa rúa Joaquín Fernández Sestelo 


foi pasto das lapas que escomezaron no interior da construcción e que en poucos minutos acabaron por devorar o pouco que quedaba de dito inmoble, a pesares de que dous camións de bombeiros tentaron sofocar o lume. Estas son unhas imáxenes do incendio. A calidade non é moi boa xa que están tomadas con móvil dende o interior dun automóvil, pero o seu pequeno valor periodístico creo que paga a pena.




domingo, mayo 17, 2009

Milleiros de galegos enchen as rúas de Santiago en defensa da lingua

Decenas de miles de galegos ateigaron este domingo as rúas de Santiago para sair en defensa do galego e esixir que a Xunta non dé un só paso atrás na súa promoción. Pese a que as condicións meteorolóxicas non eran as mellores, e a choiva acompañou aos manifestantes durante boa parte do percorrido, persoas chegadas de toda Galicia ateigaron as rúas por onde transcorreu a manifestación, e deixaron pequena a Praza da Quintana onde se leu o manifesto en defensa da lingua. E como unha imaxe vale máis que mil palabras eiquí tedes este vídeo da Praza da Quintana no momento da lectura do manifesto coa voz de Mercedes Peón.

lunes, abril 13, 2009

Salceda presenta a humanización da rúa Dr. Zunzunegui

Mañán martes, día 14 de abril de 2009, ás 20:00 horas, presentaráse no auditorio do Concello de Salceda de Caselas o proxecto de humanización da Rúa Dr. Zunzunegui e o novo plan de tráfico. O Concello de Salceda vai executar en breve o proxecto de “Humanización da Rúa Dr. Zunzunegui”, primeiro obxetivo do plan de humanización que está a diseñar o goberno municipal para mellorar a calidade urbanistica da vila. Este proxecto está financiado pola Consellería de Innovación e Industria a través da convocatoria de subvención de mellora de zonas comerciais e polo própio Concello.Tamén se presentará o novo plan de tráfico e os novos aparcadoiros, que serán fundamentais para axilizar a circulación no centro urbán e estacionar os vehiculos co obxetivo de favorecer o comercio da vila.

lunes, marzo 30, 2009

Reunións informativas sobre os Bancos de Tempo

Ahora que ca crise sobra máis tempo do normal, tes a posibilidade de invertilo nun banco que a bo seguro non dará en quebra. Trátase dos Bancos de Tempo que organiza o concello de Salceda de Caselas e na que os veciños poden invertir parte do seu tempo libre en axudar a outras persoas usando a súa experiencia ou habilidades para determinadas tarefas e a cambio outras persoas invertiran tamén o seu tempo en axudarche nesas tarefas que non eres capaz de realizar ti mesmo ou non tes a práctica suficiente. Se non o entendeches ben, non pasa nada porque este martes na Devesa o concello de Salceda organiza dúas reunións.
Ás 16:30 horas efectuarase a PRIMEIRA REUNIÓN DE USUARIOS/AS DE BANCO DE TEMPO, destinada as persoas rexistradas como usuarias de Banco de Tempo.E ós acompañantes que queiran levar.Os temas a tratar son:
-Desarrollo dun Banco de Tempo.
-Propostas para a realización de talleres.
-Remate coa degustación dun postre feito por unha usuaria.
A segunda é unha REUNIÓN INFORMATIVA ás 18:00 horas para todalas persoas interesadas en coñecer os Bancos de Tempo.

miércoles, marzo 11, 2009

O Concello de Salceda asina o dereito de superficie para o novo depósito de augas para a vila

O Alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, e o Presidente da Comunidade de Montes de San Xurxo, Serafín Sanjuan Sanjuan, asinaron a cesión do dereito de superficie a 30 anos a favor do Concello para a construcción do novo depósito de augas para o abastecemento ó centro urbán.
O 22 de abril de 2004 aprobárase no Concello de Porriño a cesión de auga a Salceda procedente do Oitavén e que chegaba ata a parroaquia de Atios.. Pero non foi ata o ano 2008 cando houbo un compromiso da Xunta de Galicia para executar esta obra. Despois viñeron os trámites administrativos, entre os que se incluen os das Comunidades de Montes de San Xurxo e Parderrubias para o deslinde da zona, asambleas para a súa aprobación, etc, ademáis dos correspondentes ós Concellos de Porriño e Salceda e ós da Xunta de Galicia. Finalmente, con esta sinatura e a aprobación polo próximo pleno da cesión á Xunta de Galicia dos terreos, rematarán os citados trámites, co que este organismo xa pode licitar a obra para a súa posterior execución.
O orzamento total da obra ascende a 2.099.759,19 €, aportado nun 83,33% pola Xunta de Galicia e no 16,67% restante polos Concellos de Salceda de caselas e Porriño, correspondéndolle 200.030 € ao primeiro e 150.000 € ao segundo, a pagar en duas anualidades.
Trátase dun proxecto de vital importancia para Salceda, onde se vai construir un depósito de 3.000 metros cúbicos no lugar chamado Alto da Forca, así como o ramal de abastecemento aos depósitos municipais de San Xurxo.
Marcos Besada agradeceu a colaboración das Comunidades de Montes e a súa implicación no proxecto. “A construcción deste depósito vai server de base para a creación dunha verdadeira traida municipal, podendo dar servizo á parroquia de San Xurxo xa que hai un compromiso de conexión á súa traida”. “Mellorase e auméntase así a cobertura e calidade do abastecemento de augas, deixando de depender das traídas parroquiais, que durante tantos anos tiveron que loitar por conseguir este servizo básico.”


martes, febrero 10, 2009

Un dos sobreiros da Ascensión non aguantou o inverno

"Xa non hai invernos coma os de antes". Esta é a frase que nos últimos anos moitos nos atrevemos a decir sen nin siquera imaxinarnos o que nos agardaba este inverno. Quizais despois deste ano a frase torne nesta outra "xa non lembro un inverno coma o do 2009". O certo e que esta ano as mulleres e homes do tempo non para de mandarnos refachos, borrascas, vendaváis, ciclóns, neve, saraiba, treboadas e demáis fenómenos metereolóxicos. O caso e que algún destes fenómenos metereolóxicos xunto co mal estado no que se atopaba acabou con un dos sobreiros centenarios cos que conta a Capela da Ascensión en Entenza. Cando se perde unha árbore destas características pérdese tamén unha ponte interxeneracional, un punto de referencia para os que nalgún momento tivemos algunha relación con él. Son das poucas cousas que apenas cambian co paso dos anos ata que chega un inverno coma este que o cambia todo. Menos mal que aínda nos quedan os seus irmáns.

viernes, febrero 15, 2008

O rexistro de parellas de feito comeza a funcionar en Salceda

A primeira parella que solicitou a súa inscipción no Rexistro de Parellas de Feito de Salceda de Caselas formalizou definitivamente este trámite na Casa do Concello perante o Alcalde, Marcos Besada e a Secretaria Municipal.
Os protagonistas deste acto mostraronse moi ilusionados xa que este rexistro permitelles acceder a dereitos recoñecidos pola lei en aspectos tan importantes como as herdanzas ou fillos en común.
Marcos Besada, alcalde de Salceda de Caselas, felicitou á parella por sela primeira en inscribirse e valorou moi positivamente que por fin se recoñeza un dereito reclamado dende hai moito tempo por moitos cidadans do concello e que o goberno anterior se negaba a regular e xestionar. Nestes intres, en Salceda, calquera parella ten tódalas opcións posibles para formalizar a súa unión, ben casando polo civil, pola igrexa ou rexistrandose como parella de feito. Isto supón un paso máis no cambio que o goberno prometeu e está a levando a cabo en Salceda, recoñecendo novos dereitos para os veciños/as deste Concello.
A proba de que este rexistro era unha vella demanda de moitos veciños son as numerosas solicitudes que se están a producir en escasas semanas dende a entrada en vigor desta ordenanza, que suman de momento 7 parellas de feito.
Por outra banda, o Rexistro Municipal de Salceda de Caselas coordinarase co Rexistro de Parellas de Feito de Galiza, de recente creación, que sirve para equiparar ainda máis as parellas de feito ós matrimonios.