Mostrando entradas con la etiqueta fotos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fotos. Mostrar todas las entradas

martes, septiembre 16, 2008

Web do Arquivo Municipal da Imaxe de O Porriño

Se no anterior artigo dabámoslle un pequeno tirón de ourellas ao Concello de O Porriño, e a algún máis da bisbarra, polo nulo apoio que lle están dando a internet, neste caso non queda outra que darlle a máis sincera noraboa pola posta en marcha da web do Arquivo Municipal da Imaxe. Trátase dunha estupenda web onde se poden ollar todo tipo de fotografías antigas da vila de O Porriño e as súas xentes, perfectamente organizadas, con deseño case impecable e co máis importante, con afán de seguir medrando gracias as aportacións dos veciñ@s e visitantes a web. Agora só queda que poñan en marcha, e con contidos útiles para os veciñ@s, a web oficial do concello.

jueves, marzo 06, 2008

Derradeiras fotos do entroido de Salceda 2008

Estes últimos días engadimos as derradeiras fotos do entroido de Salceda 2008. Poderás consultalas xunto coas anteriores en Fotografías Valdolouro. Lembramosche que na sección Vídeos Valdolouro poderás ver vídeos de tódalas comparsas participantes no concurso de entroido de Salceda así como vídeos das comparsas do Castro Barreiro e A Feira que desfilaron o martes de entroido por Salceda.

martes, diciembre 25, 2007

Cogumelos

Aínda que este ano non foi un bo ano para os cogumelos, dando un paseo hai uns días atopei esta sorprendente imaxen. Trátase dunha impresionante mata de cogumelos que sairon da madeira dun sobreiro seco que se atopa na Capela da Ascensión en Entenza (Salceda de Caselas). Lástima que non fosen comestibles.




domingo, marzo 25, 2007

Nova organización na sección de fotografías

Organizamos un pouquiño a sección de Fotografías de Valdolouro, polo momento fixemos 3 bloques:

-Fotos do entroido de Salceda 2007.
-Fotos das festas de San Brais de Budiño.
-Fotos de Caldelas do Miño.

Facendo click nos seus respectivos enlaces poderedes consultar dunha maneira máis cómoda as fotos que compoñen cada bloque.

miércoles, marzo 14, 2007

Imaxes primaverais

Estes días que o tempo acompaña, apetece dar un paseo polos nosos montes e campos. Nós fixémolo e aproveitamos para tomar unhas cantas fotos dos nosos arredores. Amosámosvos unha pequena mostra para que disfrutedes todos os que por algunha razón non poidestes disfrutar destes días fermosos, especialmente para os que están lonxe do noso pais. Se queredes saber onde están tomadas entrade en fotografías Valdolouro