viernes, marzo 20, 2009

A equipa de goberno de Salceda conxela os seus salarios por mor da crise

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas aprobou inicialmente os Orzamentos presentados polo goberno municipal para o ano 2009 cos votos a favor do BNG e do PSOE e en contra do PP. Unha vez publicados no Boletín da Provincia estarán 15 días a exposición pública para posibles alegacións.
Estes orzamentos contemplan 5.500.000 € de ingresos e 5,177,000 € de gastos, o que supón un superavit de 330,000 €. O capítulo de inversións que ascende a 815,000 €, o que supón un incremento de 80.793,00€ con respeto ó 2008, contempla obras como a humanización da rúa Dr. Zunzunegui, a mellora da cuberta do pavillón de deportes, o remate do Concello Vello, o parque etnográfico dos muiños do Rio Caselas, entre outras. Estas inversións veranse complementadas polas contepladas no Fondo Estatal de Inversión Local (1,360,332€) e outros plans provinciais e autonómicos.
No apartado de persoal cabe salientar que se conxelan os salarios das adicacións exclusivas da equipa de goberno non incrementando o IPC como sería o normal nunha situación de bonanza. Por outro lado, neste apartado tamén é resaltable a creación de tres novas prazas no cadro de persoal: a de arquitecto municipal (funcionario), a de axente de desenvolvemento local (laboral fixo) e a de tecnico da OMIX (laboral fixo). O concelleiro Martín Iglesias aclara que vaise empezar a regularizar situacións laborais irregulares herdadas do anterior goberno e vaise comezar polas categorías máis altas.
Segundo, Marcos Besada “é momento de apretarse os cintos, de contención do gasto e unha mellora na xestión de cobro dos ingresos xa que a crise chega a tódolos sitios, incluidos ós concellos”
Tamén se aprobou a ordenanza reguladora do estacionamento de horario limitado (zona azul) que será gratuita e que busca a finalidade de crear prazas de aparcamento para xestións puntuais en certas rúas, “tal e como fixeron concellos veciños e que tan bó resultado está a dar” recalcou o alcalde.
Por último aprobouse o decálogo do viño de calidade en Galicia e unha moción que insta á Xunta de Galicia a cambiar o Regulamento do Xogo para regular dunha maneira máis concreta e adaptada á realidade do xogo do bingo “social” que realizan algunhas asociacións e comisións de festas sen ánimo de lucro.

No hay comentarios: