jueves, enero 10, 2008

Para baixar eses kiliños

Pasados estes días de excesos gastronómicos de todo tipo, hoxe querémovos recomendar tres alternativas para que esta fin de semán poidamos ir baixando un pouco eses kilos de máis gañados nestas datas. A máis suave sería unha curta camiñata polo paseo fluvial de Salvaterra, que discurre dende a Illa da Fillaboa ata chegar, prácticamente fronte a Monçao, ademáis se ainda temos folgos podemos exercitarnos no ximnasio ao aire libre que dispón o Parque da Canuda. A segunda opción, un pouco máis forte, xa sería facer unha longa camiñata polo percorrido da Ecopista que une Valença con Monçao. Un fermoso percorrido pola antiga vía do tren que unía as dúas localidades, e que fai uns anos foi acondicionado para pasear a pé, en bicicleta, ou incluso o podes facer en patíns se che apetece. A terceira opción, un pouco máis extrema, sería apuntarte este domingo a XV Camiño do Requesón que se celebrará no veciño concello de As Neves e que cada ano reune a miles de ciclistas de aficionados a bicicleta de montaña. Nos dámosche as opcións, agora ti decides.

Ecopista(mais fotos)





Paseo fluvial de Salvaterra do Miño(máis fotos)


1 comentario:

Anónimo dijo...

Pois si, a baixar peso, a esquencerse dos langostinos durante un tempo, e a pensar nas rebaixas e na costa de xaneiro.
Espero que toda a xente de Valdolouro, e en especial ti, querido amigo administrador, disfrutárades a tope estas festas. Quero desexarvos un feliz 2008, saúde, felicidade, e ganas de superar ós anos anteriores.

Un saúdo dende Salceda!!!!!!