Hoxe, na 2ª entrega de vídeos do desfile do concurso de carrozas e comparsas de entroido de Salceda,ofrecémovos 2 vídeos da comparsa "Revolución Show" de Tomiño.
lunes, febrero 26, 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mos, O Porriño, Salceda, Tui e arredores; envíanos as túas novas a: valdolouro@gmail.com
2 comentarios:
Hola!Primeiro daros a enhoraboa pola web e polo voso traballo.Comentaros que cada ano o nivel das carrozas e comparsasno Entroido de Salceda e moi alto. Xa se ve que grupos como Revolucion Show, gañadora da categoría de comparsaen Salceda, quedara en 2º en comparsas e 3º en carrozas no Entroido de Tui.Ademais, Fiesta Rociera do Centro Cultural de Soutelo, 2º en carrozas e 3º en comparsas en Salceda, acaparou os premios no Entroido de Tui gañando tanto a categoría de comparsas coma a de carrozas(esta por 2º ano consecutivo).Un saudo a todos aqueles que fan posible que esa ventana chamada www.valdolouro.com sigue aberta para todos nos.
David Rodríguez
Moitas grazas polo teu comentario. Estou de acordo contigo que o nivel das carrozas é comparsas é moi alto, e iso que é un concurso que non leva moitos anos celebrándose, nin siquera da uns premios coma os de outros concellos e a pesares de todo, o nivel e moi alto, sin dúbida pola tradición de entroido que ten o concello de Salceda, non hai máis que ver as miles de persoas que acuden a presenciar este desfile. Eu só voto de menos unha maior participación do público no desfile, por exemplo aplaudindo e animando as comparsas. Nesta labor, tamén teñen responsabilidade as comparsas que deberían interactuar máis co público para facer que éste desperte e non sexa un mero espectador. A ver se en vindeiros anos se consegue algo disto. Un saúdo e de novo grazas polo teu comentario.
Publicar un comentario