jueves, noviembre 16, 2006

Voltamos outra vez

Despois dun ano moi axetreado que nos impediu manter a páxina toda o actualizada que quixéramos, voltamos con máis ilusión que nunca. Este último mes estivemos na Arxentina, onde poidemos comprobar que, hai xente moi lonxe de eiquí que quere e se lembra desta Terra, moito máis que algúns de nós.Tamén tivemos tempo de coñecer a amigos como Horacio, bailarín da Agrupación Folklórica Baixo Miño, co que mantivemos unha conversa,breve pero intensa (xa quedamos citados para dentro de 2 anos en Galicia), lástima que non poidésemos asistir ao festival deste sábado.
Para esta fin de semán temos un par de notas na nosa axenda e as dúas para Salceda. Mañán venres 17, ás 7 da tarde terá lugar a inauguración da nova casa do concello de Salceda. O sábado 18 e domingo 19 terá lugar en Entenza a X Festa dos Cogumelos. O sábado ás 15:30 terá lugar a saida o monte e o domingo poderáse visitar a exposición dos cogumelos recollidos o día anterior e a partires das 11:30 da mañan e despois de que lea o pregón Rubén Cela Diez, Director Xeral de Mocidade, terá lugar a degustación popular de cogumelos. Os actos terán lugar na Casa Escola de Entenza, e están organizados pola Asociación de Xóvenes A Turonia.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Que bonito soa esta forma de falar de salceda: inauguración, actos culturais, festas....

É unha verdadeira mágoa que en realidade sexa un pobo de delincuencia, ruidos, carreiras, coches mal aparcados, obras por todos lados, alcalde pasota, policia ineficaz e insuficiente....

É unha verdadeira mágoa.

Darlle caña a esta web!! Noraboa!!!

ValdoLouro dijo...

Grazas polo teu comentario. A verdade e que a nós gustannos máis a noticias boas que as malas, para estas últimas xa están os xornáis. De todas formas de vez en cando tamén facemos as nosas críticas. Agora co este novo formato vós tamén podedes face-los vosos comentarios, para denunciar ou criticar o que estimedes oportuno.

Moitas grazas de novo polo teu comentario, que sen dúbida contribue a q este blog sexa máis dinámico.

Un saudo.