Dando voltas pola internet atopeime estes días con esta páxina: http://porrinhoemocion.wordpress.com Nela críticase con humor ao goberno municipal do Porriño. Tamén hai unha foto de gran interés periodístico onde se pode ver un apretón de mans de Nelsón Santos, Alfonso Rueda, José Manuel Barros, Manuel Carrera e Gonzalo Ordóñez. ¿Por qué cousas coma esta foto, que nunha soa imaxe aclara moitos aspectos da política local, non chegan aos periódicos que si se enchen de notas de prensa dos propios concellos, que non deixan de ser meros panfletos propagandísticos?
miércoles, diciembre 29, 2010
domingo, diciembre 05, 2010
Salceda Documental
Hoxe preséntovos esta estupenda páxina con documentación gráfica, sobre todo vídeos, do pasado e presente de Salceda. Recomendo especialmente que vexades o estupendo documental sobre a historia do Carnaval do Castro Barreiro e A Feira. Salceda Documental queda engadida dende hoxe a nosa sección de ligazóns.
martes, noviembre 16, 2010
lunes, noviembre 01, 2010
Manifestación contra o Sergas no Porriño
O pasado sábado 30 de outubro unhas 500 persoas manifestaronse polas rúas de O Porriño para pedir ó Sergas a marcha atrás na decisión de trasladar de Salceda o Servizo de Urxencias do sábado pola mañá. A plataforma organizadora considera todo un éxito esta convocatoria, xa que a pesares da chuvia e do mal tempo, os veciños e veciñas de Salceda volveron a dercirlle que nón ó Sergas e a Consellería de Sanidade. A marcha descorreu sen incidentes dende a Praza do concello de O Porriño, pasando por Domingo Bueno, Fernández Areal e rematando diante do Centro de Saúde onde se leu un manifesto (adxunto). As asociacións convocantes manifestaron que continuarán coas reinvidicacións ata que se restitúa o servizo xa que se sinten respaldados pola maioría da veciñanza de Salceda que non admite as teóricas melloras que alega o Sergas.
miércoles, octubre 27, 2010
jueves, octubre 21, 2010
martes, octubre 12, 2010
miércoles, octubre 06, 2010
martes, septiembre 28, 2010
V Serán de San Tomé en Parderrubias (Salceda)
A Asociación de Veciños, Agrícola e Cultural, San Tomé de Parderrubias convida tódolos grupos de música tradicional a participar no serán anual.
A quinta edición desta festa tradicional, no sábado 2 de outubro, a partir das 21:30 hs, terá lugar no Torreiro da Igrexa, espazo de actividades da parroquia salcedense de Parderrubias.
O sitio estará a resgardo de posibles inclemencias metereolóxicas xa que a organización ten previsto cubrilo cunha carpa.
Pola súa parte agasállase aos participantes no Serán con produtos da gastronomía tradicional; entre outros co bolo do pote; especialidade que na localidade se trata de recuperar, xa que se trata dun complemento alimenticio altamente consistente elaborado con fariña de millo; acompáñase de touciño e chourizo; todo elo regado con viño da zona.
3ª Exposición da Colleita e conferencia
Ao mesmo tempo, durante o sábado 2 e o domingo 3 de outubro, abrirase a “3ª Exposición da Colleita" na que veciñas e veciños da parroquia expoñen produtos, recollidos nesta época do ano, e ferramentas diversas relacionadas coas actividades agrícolas.
No domingo, ademais de continuar a exposición, pola tarde a partir das 18:00 hs. está prevista unha conferencia coa tema “Novas actividades no entorno rural”, referida ás seguintes experiencias relacionadas coa actividade agro-gandeira e a explotación de recursos forestais no monte comunal:
-"Explotación gandeira en monte comunal - experiencia en Cabeiras-Arbo",
-"Biomasa forestal, enerxía e desenvolvemento rural".
miércoles, septiembre 22, 2010
III Serán Carballeira na Picoña (Salceda)
" Os seráns eran xuntanzas festeiras dos nosos antergos, que despois de traballar nas tarefas agrícolas reuníanse para cantar e bailar. Os actuais seráns proveñen desas xuntanzas e son organizados normalmente por asociacións culturais que pretenden recuperar os cantes e melodías tradicionais da nosa terra, así como as tradicións propias da nosa terra.
A Asociación de Veciños Carballeira no seu intento de conservar o patrimonio cultural etnográfico e musical da parroquia de Picoña, do Concello de Salceda de Caselas e en xeral de Galicia toma a iniciativa de organizar o III Serán Carballeira.
Por todo elo propoñémonos recuperar esas manifestacións culturais. O obxectivo é que conflúan xente maior con xente nova para que os primeiros lle transmitan as súas experiencias, músicas e cantigas así como as tradicións da zona. En Picoña, así como noutras parroquias veciñas aínda viven persoas que formaron parte daqueles seráns e que aínda tocan instrumentos como gaitas, requintos, bombos, Caixas, pandeiros ou pandeiretas ou fan da voz o mellor instrumento.
O III Serán Carballeira celebrarase no torreiro de festas de A Picoña, chamado “Adro” e a el convidarase a tódolos grupos de música tradicional que queiran asistir, así como a calquera persoa ou grupo de persoas que queiran subir ó escenario para cantar, tocar ou bailar calquera peza tradicional.
Ademais vaise organizar unha exposición de fotos antigas entre as que se destacarán aquelas que teñan un contido festivo-musical.
Esperase que se acheguen ata o Torreiro de Festas de Picoña unhas 1000 persoas procedentes de toda a provincia de Pontevedra."
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






