domingo, junio 17, 2007

Primeiras intencións

Onte tomaron posesión as novas corporación municipáis. Como xa dixemos, só en Salceda saiu elexido un novo alcalde, Marcos Besada. A expectación foi máxima e ata se venderon camisetas co logotipo de Salceda. Tamén se luciu a recén inaugurada estatua adicada ao desaparecido "Tuchiño". A verdade é que o novo alcalde parece que ven con ganas e xa colgou un saúdo para tódol@s veciñ@s de Salceda,na web oficial do concello. Espero que sexa unha declaración de intencións do novo grupo de goberno, e que dunha vez por todas, se lle dé un bo empurrón as novas tecnoloxías no concello de Salceda e nos dos arredores que aínda están máis atrasados nese aspecto.


sábado, junio 16, 2007

Novos gobernos municipais

Hoxe tomaron posesión os novos alcaldes que sairon das eleccións do pasado 27 de maio. Na comarca de Valdolouro, só cambiou de signo o concello de Salceda, que será gobernado polo BNG, non se sabe aínda se en minoría ou en coalición co PSOE. A expectación no concello foi espectacular, a xente abarrotou o salón de plenos e os pasillos para asistir a investidura do novo alcade, Marcos Besada do BNG. Este é o vídeo do alcalde a saída do pleno.

martes, junio 12, 2007

Tempo de mudanzas

O vindeiro sábado, tomarán posesión os alcaldes elexidos o pasado 27 de maio e nos días posteriores de pactos, arreglos, repartos ou amaños, segundo se queira calificar. Uns continuarán no poder e outros deberán abandoalo, coma o caso de Chicho en Salceda. Logo de 31 anos debe deixar o seu sillón, e por iso estes últimos días adicouse a facer limpeza. As fotos de abaixo foron tomadas o pasado venres día 8, no local de Protección Civil de Salceda. Nela pode observarse a Chicho cargando unha furgoneta ata arriba de papeis. Parece que Chicho non lle quere deixar moito traballo ao goberno entrante. Por certo tamén me comentan no mesmo correo que a súa promotora xa comenzou a derrubar os metros sobrantes do famoso edificio de Rosalía de Castro. ¿Faría o mesmo se gañase as eleccións?




jueves, junio 07, 2007

O Corpus de Ponteareas na rede

Xa está todo preparado no concello de Ponteareas para a súa festa máis importante, o Corpus. Como cada ano os pontareans engalarán as súas rúas con todo tipo de variedades vexetáis, para a procesión do domingo. Este ano contará cunha novedade, principalmente para os que non poidan asistir en directo. Unha das asociacións que forman a festa do Corpus, anuncian que transmitirán en tempo real por internet, a noite do sabado, a confección das alfombras por parte dos veciños. Din que transmitirán con boa calidade e ata con sonido. Que o ancho de banda os acompañe.

Esta é a súa dirección: http://www.corpusweb.org

jueves, mayo 31, 2007

IV Festival de Cans (2ª parte)

Aínda que non falen de nós na súa web, xa se sabe, ninguén é profeta na súa terra, nós engadimos máis material que tomamos por alí, neste caso é unha galería fotográfica. Espero que vos guste. Podedes ver tódalas fotos que tomamos no Festival de Cans en Fotografías Valdolouro. A ver se con isto xa nos fan unha pequena reseña e senón outra vez será.

lunes, mayo 28, 2007

Elección municipáis 2007

Como todos sabedes onte tiveron lugar as eleccións municipáis en toda España. Creo que destas eleccións se poden sacar unhas cantas conclusións. A primeira é que as campañas electoráis, precampañas incluidas, duran demasiado. Deberían ceñirse máis as dúas semáns legáis, e todos sairíamos gañando. A segunda é que o P.P. perde cáseque todo o poder nos concellos que están a carón de Vigo, incluido Vigo. A terceira é que nos concellos de Valdolouro e arredores non hai maiorías absolutas, só en Salvaterra, con isto gaña a democracia e o diálogo. E a última é que había moita xente en Salceda que xa tiña ganas de que Chicho deixase a alcaldía, mostra diso é a festa improvisada que se montou onte a noite no centro da Esfarrapada, onde centos de persoas acudiron a celebrar a derrota de Chicho nas urnas. Ata sonou a música de Jarcha e o seu coñecido "Libertad sin ira". Lembrábanme ós primeiros anos da transición que foi, precisamente, cando Chicho colleu o poder en Salceda. Creo que foron moitos anos.

domingo, mayo 27, 2007

IV Festival de Cans

Onte rematou unha nova edición do Festival de Cans. Un festival que cada ano vai máis tanto en público coma en organización. Este ano as actividades paralelas extendéronse máis dunha semán. Unha das cousa que máis me gustou nesta edición foron as actuacións musicáis, moi variadas e festeiras, acordes co propio espíritu do festival. A min gustoume moito o espectáculo de Victor Coyote e Pablo Novoa co grupo de bombos Os Bravos de São Vicente (Portugal), unha curiosa mistura que animou moito a noite do venres. Hoxe presentámovos un par de vídeos de dita banda de bombos e da actuación do grupo The Ellas liderado polo actor Luis Tosar.

Os Bravos de São Vicente con Victor Coyote e Pablo Novoa


The Ellas a banda de Luis Tosar

viernes, mayo 25, 2007

Xa está eiquí o Festival de Cans

Mañán é o día grande do Festival de Cans. O chimpíns voltarán a ruxir os seus motores para levar ao público as distintas salas habilitadas. Podes ver a programación completa na súa web oficial.

Quero tamen recomendar un par de blogs feitos na nosa comarca e arredores. O primeiro é A Torre da Derrota, un blog feito por un veciño de Salceda, no que fala de todo un pouco e ata se atreve a facer un pronóstico para as eleccións do vindeiro domingo en Salceda de Caselas, ¿acertará?

O segundo é Contos e Demáis, un blog feito por un veciño de Ponteareas, que fala principalmente de gastronomía, con críticas dos restaurantes que visita, moitos pola nosa comarca, polo que se queres acudir a algún restaurante ou tapería e non tes referencias deles igual podes atopar algo neste blog. Ademáis tamén fala de fotografía e viaxes.

lunes, mayo 07, 2007

DVD Entroido Salceda 2007

Aínda que con un pouco de retraso, editamos un DVD con tódalas fotos e vídeos que tomamos no entroido de Salceda de este ano, tanto do concurso de carrozas e comparsas, coma do desfile dos barrios da Feira e o Barreiro. Ademáis da montaxe vídeo-musical, ten unhas carpetas con tódalas imaxes orixináis para poder imprimi-las fotos ou edita-los vídeos ao voso antollo. Se a alguén lle interesa a súa adquisición, pode porse en contacto connosco a través do mail: valdolouro@iespana.es. Ofrecémovos este par de vídeos do desfile de comparsas do domingo, aínda que a calidade non é, nin por asomo, a mesma ca do DVD, pode servirvos de mostra do que vos podedes atopar en dito traballo.

Fragmento DVD Entroido 2007. Comparsa "A Cabritinha"


Fragmento DVD Entroido 2007. Comparsa "Os Pitufos"