domingo, marzo 30, 2008

I Festa do xabarín en Salceda

O pasado sábado presentouse en Salceda de Caselas a primeira festa gastronómica do xabarín, a celebrar o vindeiro domingo día 6 de abril no recinto de festas de Santa María de Salceda. A idea xurde a raíz da afición á caza existente na zona, onde se organizan batidas de xabarín entre agosto e febreiro, cunha función de control da cría desta especie, tan perxudicial no rural, sobre todo no que se refire aos campos e cultivos. Así pois, xurde esta idea de facer unha festa gastronómica do xabarín, e van ser os membros e membras da Comisión de Festas da Virxe da Concepción 2008 os encargados de levala a cabo. Poranse á venta case 200 kilos de xabarín, repartidos nunhas 700 racións. Os comensais, por un prezo de 10 euros, poderán degustar esta apreciada carne acompañada de arroz e patatas, pan, viño e café. A festa estará amenizada pola música e a alegría da Charanga Divertida de Salceda. Unhas 20 persoas traballarán para que todo saia da mellor maneira. Baixo a dirección do cociñeiro Serafín, a carne estará en maceración durante tres días, nunha mestura de herbas e viño tinto Rioxa. Despois será estofada a fogo lento durante unhas dúas horas aproximadamente, quedando así lista para a súa degustación. O cociñeiro preferiu non dar a súa exitosa receita, gardándoa como un prezado tesouro.
Membros da comisión de festas Virxe da Concepción 2008

viernes, marzo 28, 2008

Programa das Festas de San Telmo en Tui para este fin de semana

Venres 28:
-Ás 16.30h Cine Infantil na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica
-Ás 18.00h no Paseo da Corredoira Karaoke Infantil
-Ás 18.30h Inauguración de EXPOTUI no recinto do CEIP nº2
-Ás 20h Novena de San Telmo
-Ás 20.30h Triduo presidido por D. Guillermo J. Morado e cantado polo Coro Clásico de Vigo
-Ás 22.00h na Corredoira verbena coa orquestra Gran Parada
-Ás 23.00h na Corredoira Karaoke para adultos
-Ás 23.30h na rúa Compostela verbena coa Orquestra Jockers
-Ás 23.45h no Bar El Pilar Campionato de Tute

Sábado 29:
-Ás 10.30h Charanga Apeles
-Ás 11.00h Charanga N.B.A.
-Ás 11.15h III Festa gastronómica con polbo e ostras
-Ás 16.30h No Campo de fútbol Álvarez Durán
Cadetes: Tyde F.C. – Louro de Tameiga
Xuvenís: Tyde F.C. – Crecente
-Ás 17.00h Carreira Popular de San Telmo
Saída e meta na Corredoira
Inscricións dende ás 15.30h no Palco da Música
-Ás 19.00h Pasarrúas e Concerto da Unión Musical de Valladares na Corredoira
-Ás 20h Novena de San Telmo
-Ás 20.30h Triduo presidido por D. Guillermo J. Morado e cantado pola Coral María Auxiliadora de Vigo
-Ás 20.30h na Galería de Arte Trisquel e Medulio inauguración da exposición de pintura de Antón Abreu e Elsa Pérez Vicente
-Verbena con Panamá e Magos de España

Domingo 30:
-Ás 10.00h Comeza a Feira dos Cabalos na Veiga do Louro
-Ás 11.00h rota cabalar
-Ás 16.30h Competición de carros
-Ás 18.00h probas de habilidade
-Ás 18.30h Exhibición de doma vaqueira
-Ás 19.00 Exhibición de alta escola
-Ás 19.30h Solta de coellos
-Ás 10.30h Charanga Apeles
-Ás 10.45h Desfile exaltación do traxe galego e ofrenda a San Telmo
-Ás 11.00 Charanga N.B.A.
-Ás 11.30h Festa popular da Anguía
2 mil racións a 10€
-Ás 11.30h pasarrúas e concerto da Banda de Música Popular de Tui
-Ás 16.30h No Campo de fútbol Álvarez Durán
Tyde F.C. – Mougás
-Ás 18.30h Concerto da Banda de Música Popular de Tui na Corredoira
-Ás 20h Novena de San Telmo
-Ás 20.30h Triduo presidida por D. Guillermo J. Morado e cantada pola Coral Amadeus de Vigo
-Verbena con Marbella e Galilea

Luns 31 – Festivo Local
-Misas na Capela de San Telmo de 8 a 10h
-Ás 10.00h Continua a Feira dos Cabalos na Veiga do Louro
-Ás 11.00h Campionato de Andadura
-Ás 12.30h probas de habilidade
-Ás 13.00h Exhibición de doma
-Ás 17.00h Xincana en Paralelo
-Ás 18.30h Exhibición a cargo da Asociación Galega “O cabalo axuda” do Ferrol
-Ás 20.00h Solta de coellos
-Ás 11.00h Misa concelebrada na Catedral e Procesión das reliquias pola coronilla. Cantada pola Coral da S.I. Catedral
-Ás 18h Concerto da Banda de música da Escola Naval Militar de Marín
-Ás 18.30h entrada da Banda de Guerra da BRILAT
-Ás 19.30h Clausura de EXPOTUI
-Ás 20.00h Orquestra Sintonía na Corredoira
-Ás 21.00h Solemne Procesión de San Telmo e ofrenda na praza de San Fernando
-Ás 23.30h Tirada de fogos de lucería e continuación da verbena con Sintonía

lunes, marzo 24, 2008

Este martes teatro en Tui

A Concellería de Cultura de Tui presenta mañá martes, 25 de marzo, no Teatro Municipal de Tui á compañía coruñesa Caramuxo Teatro que porá en escena a obra “Lazarillo”. Este espectáculo forma parte da programación do primeiro semestre do ano e fíxose coincidir coa semana de Festas de San Telmo. A cita será ás 19h, e ás entradas poranse á venda dende ás 16.30h ao prezo de 2,5€, 2€ con desconto e 1,5€ para os menores de 12 anos.O clásico “Lazarillo de Tormes” galeguízase nesta proposta de Caramuxo Teatro que leva a acción ao tempo actual. Esta é a segunda vez que Caramuxo acomete a posta en escena deste texto anónimo. Nesta ocasión, baixo a dirección de Juan Rodríguez, presentan unha proposta completa, vistosa e interesante dirixida a un público familiar a partir de 5 anos.O elenco da obra está formado por Xosé Manuel Esperante, Juan Rodríguez e Laura Sarasola que farán gozar ao público durante os 55 minutos que dura esta comedia.

miércoles, marzo 12, 2008

A voltas polo mundo

Últimamente estase pondo de moda coller uns meses de vacacións para dar a volta ao mundo e contárnolo a través de un blog. Fai uns meses atopamos a tres vigueses: unha parella e outro rapaz en solitario que decidiron dar a volta ao mundo, e ata se atoparon en Nova Zelanda e pasaron uns días de aventuras xuntos. Pois acabamos de enterarnos que hai tres mozos de Salceda que están vivindo unha experiencia semellante e nola contan a través do seu
blog: http://os360.blogspot.com . Dende hoxe prometemos seguir máis atentamente as súas aventuras.

lunes, marzo 10, 2008

¿Pódese ser máis miserable?

A verdade e que non me gusta moito facer comentarios de opinión dende esta páxina, pero o ver onte a portada do periódico "El Mundo", a verdade e que se me revolveron as tripas. Non lle chegou, o señor Pedro J., con inventarse durante meses toda unha teoría da conspiración, que despois do famoso xuizo do 11-M desapareceu dun plumazo do seu xornal, e agora, co cadáver todavía quente dun asasinado por ETA, en pleno día de eleccións nos deleitou con este excremento de portada cargada demagoxia, vileza e baixeza moral. Prefiro non seguir opinando e que cada un saque as súas propias conclusións.

viernes, marzo 07, 2008

Lech Kowalski no Play-Doc 2008

Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui, que terá lugar do 12 ao 16 de marzo, contará na súa cuarta edición cun dos maiores referentes do cine independente da actualidade: o prestixioso realizador Lech Kowalski.

Nado en Londres, de orixe polaca, Lech Kowalski emigra aos EEUU sendo aínda un neno. Aos 20 anos trasládase a Nova York e estuda na Escola de Artes visuais, onde coñece a quen serán as súas dúas maiores influencias: os pioneiros do cinéma verité Shirley Clarke e Tom Reichman. A súa carreira cinematográfica fórxase na industria do porno, xénero que inspirará a súa primeira longametraxe 'Sex Stars' (1977). Sempre próximo á escena underground neoiorquina, Lech Kowalski converterase en testemuña esencial do movemento punk, ilustrado notablemente no seu documental de culto 'D.Ou.A./ Dead On Arrival' (1981) sobre a primeira e última xira dos Sex Pistols en Norte América. En 1998 instálase en París, e comeza a traballar na súa triloxía 'The Fabulous Art of Surviving' na que Kowalski explora as súas raíces no leste de Europa. O seu último filme 'Winners and Loosers' (2007) pechou a sexaxésima edición do festival de cine de Locarno.
Play-Doc achéganos a este excepcional cineasta independente presentando a súa triloxía 'The Fabulous Art of Surviving', formada polas películas: 'The Boot Factory' (1999) gañador do prestixioso SCAM ao mellor documental de creación do ano, 'On Hitler's Highway' gañador do premio especial do xurado en IDFA e para rematar 'East Of Paradise' estreado no festival de cine de Venecia onde recibiu o premio Orizzonti e o premio ao mellor documental.

Clase Maxistral con Kowalski e charla con Marta Andreu
Así mesmo Lech Kowalski estará en Play-Doc para impartir unha clase maxistral que terá lugar o próximo sábado, día 15, ás 17:00h e na que falará en primeira persoa da súa obra e o seu particular xeito de facer e entender o cine. Por outra banda, Marta Andreu, membro do xurado internacional desta edición e coordinadora académica do Máster de Creación Documental da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, referencia do xénero en España, ofrecerá unha interesante charla, o venres 14 de marzo, na que falará sobre as claves da distribución e da produción deste tipo de pezas audiovisuais.

jueves, marzo 06, 2008

Derradeiras fotos do entroido de Salceda 2008

Estes últimos días engadimos as derradeiras fotos do entroido de Salceda 2008. Poderás consultalas xunto coas anteriores en Fotografías Valdolouro. Lembramosche que na sección Vídeos Valdolouro poderás ver vídeos de tódalas comparsas participantes no concurso de entroido de Salceda así como vídeos das comparsas do Castro Barreiro e A Feira que desfilaron o martes de entroido por Salceda.